O Concello de Neda fai público os resultados do concurso de méritos, convocado para a selección con carácter urxente dunha traballadora social como funcionaria interina por programa, a tempo parcial. Tras a publicación da avaliación realizada pola Comisión de valoración, as persoas interesadas poderán presentar as reclamacións que estimen oportunas durante o prazo de 2 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación dos resultados nesta web e no taboleiro de anuncios municipal.
A comisión acorda formular proposta de nomeamento a favor da aspirante con maior puntuación, confeccionando unha bolsa de emprego para posibles renuncias e baixas, coas restantes aspirantes, ordenadas de maior a menor puntuación.