Unha vez finalizado o prazo de reclamacións, o Concello de Neda vén de aprobar a listaxe definitiva do alumnado admitido na Escola infantil municipal Os Pelegríns de cara ao curso 2026- 2027. A listaxe, dispoñible tamén no taboleiro de anuncios do centro socioeducativo, inclúe a un total de 31 menores, quedando catro vacantes tanto na de bebés como na dos nenos e nenas de 2 a 3 anos e, finalmente, unha na clase de 1 a 2 anos.
As familias do alumnado admitido deberán formalizar a matrícula na escola municipal no período comprendido entre o 16 e o 30 de xuño para confirmar a praza.
Lista definitiva de admitidos escola infantil municipal. Curso 2026-2027