Mércores, Febreiro 11

O Concello publica a lista de persoas solicitantes admitidas no campamento “Neda concilia”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello vén de publicar a listaxe oficial de persoas solicitantes admitidas no campamento de verán gratuíto “Neda concilia”, que se desenvolverá en xullo nas instalacións do CEIP San Isidro. A pesar da elevado número de prazas ofertado (un total de 90), a demanda foi superior, téndose que proceder a baremar as solicitudes, conforme aos criterios establecidos pola Consellería de Política Social e Igualdade, que colabora na iniciativa.

As familias terán agora ata o martes 24, ás 14 horas, para formalizar a inscrición. Na biblioteca xa poden recoller a documentación que deberán cubrir e entregar nese mesmo servizo municipal no prazo indicado. O mércores 25, a partir das 19 horas, convócase na Casa da Cultura unha reunión para informar ás familias sobre o desenvolvemento do campamento municipal.

RELACIÒN DE ADMISIÒNS NEDA CONCILIA

 

Share.

Comments are closed.