O Concello de Neda propón este ano ás familias celebrar o Samaín co espectáculo de narración oral e música “Historias con susto para dormir a gusto”, a cargo de Rilo&Penadique. O espectáculo celebrarase este venres 29 de outubro ás 18,30 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza dende mañá martes 26 de outubro (e ata completar aforo) chamando ao 981 39 02 33 (en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas).
Ao remate do espectáculo, o Concello fará entrega ás persoas asistentes dun cartucho de castañas asadas.