O Concello promove catro percorridos guiados pola “Ruta dos muíños do Belelle” no marco da Festa do Pan de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello recupera no marco da programación especial da Festa do Pan de Neda a “Ruta dos muíños”, un percorrido a carón do curso fluvial do Belelle ata chegar á Fervenza para coñecer un pouco máis dos enxeños hidráulicos que están na orixe da tradición panadeira da vila. Organizaranse saídas os xoves e venres anteriores e posteriores á cita festiva, é dicir, os días 2, 3, 9 e 10 de setembro. O luns ábrese a inscrición para as primeiras.

Os percorridos, guiados pola técnica municipal de turismo, partirán do adro da Igrexa de Santa María ás 18.30 horas, e levarán aos participantes-un máximo de 20 por cada ruta- a descubrir construcións vencelladas historicamente á elaboración do produto estrela da gastronomía nedense, o pan. Un percorrido no que chegou a haber ata 40 instalacións entre muíños, fábricas e ferrerías.

Inciden dende o Concello que dificultade da ruta, destinada dar a divulgar unha parte da historia e da etnografía da localidade, é baixa. Polo tanto, o percorrido é apto para persoas de calquera idade, sempre e cando estean afeitas a camiñar.

O Concello abre do luns 30 de agosto ao mércores 1 de setembro o prazo para anotarse ás dúas primeiras saídas da “Ruta dos muíños”, previstas para a semana que vén. Haberá que chamar ao teléfono 981 39 02 33.

Share.

Comments are closed.