O Concello de Neda abre prazo de inscrición para apuntarse á excursión a Portugal que celebrará no mes de agosto. Concretamente, á localidade lusa de Valença do Miño, unha fermosa vila do Norte coñecida especialmente polo comercio tradicional da Fortaleza. Unha iniciativa de lecer coa que descubrir a singular arquitectura do municipio, achegarse ao seu patrimonio cultural e, de paso, facer algunhas compras.
A viaxe terá lugar o 10 de agosto, con saída do autocar da praza do concello ben cedo, ás 8:30 horas, para aproveitar a xornada. O regreso está previsto sobre as 21:00 horas e o prezo do billete é de 12 euros. As prazas son limitadas e deben reservarse no departamento municipal de Servizos Sociais.