Sábado, Decembro 9

O Concello organiza unha charla sobre o plan de fusión de diseminados que está a levar a cabo o Catastro en Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda organiza este mércores, a partir das 20 horas, unha charla informativa sobre a campaña que, de oficio, está a levar a cabo na localidade a Xerencia rexional do Catastro. Un plan de fusión dos diseminados (inmobles de natureza urbana) coa parcela rústica que os contén. Trataríase pois de unificar no que xuridicamente é unha soa finca, as distintas parcelas catastrais que existen no seu interior.

O arquitecto municipal, Francisco Cernadas, falará no encontro, que terá lugar no centro cívico, desta aposta por conciliar a descrición dos inmobles coa realidade. Un procedemento que, tal e como subliña o plan de obxectivos 2023 do organismo, busca simplificar a valoración das parcelas con construcións, cumprir coa emisión do certificado descritivo e gráfico, e impulsar coordinación entre o Catastro e o Rexistro da Propiedade.

A charla pretende fundamentalmente dar resposta ás dúbidas que xorden entre os veciños e veciñas que están a recibir a resolución do Catastro, así como asesorar aos veciños no que atinxe ás alegación que poden presentar no caso de non estar conformes.

Share.

Comments are closed.