Mércores, Decembro 4

O Concello organiza este sábado un “Pícnic fin de verán” con propostas de lecer activo para toda a familia

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello promove este sábado, 3 de setembro, pola tarde no campo dos Subarreiros un “Pícnic fin de verán”. Este proposta de lecer busca converter este céntrico espazo nun punto de encontro para todas as familias de Neda e contará con actividade para todos os públicos.

Tras a festa con inchables da piscina, o departamento de Deportes convoca unha nova cita de despedida das vacacións, esta vez coa intención de involucrar a nenos e maiores, convidándoas a acudir á zona coas merendas. A iniciativa, de novo cuño, contará con propostas dende as 16 horas.

A partir desa hora e ata as 20.30 h, habilitarse un “rocódromo” no que os máis novos poderán demostrar a súa habilidade na actividade de escalada. Todo un desafío. E de 17 a 19.30 horas, sucederanse as propostas. A oferta incluirá zumba en familia, xogos de toda a vida e, para os máis pequenos da casa, carreira de “correpasillos” non competitiva.

Para participar no Pícnic fin de verán, aberto á veciñanza de Neda e máis do resto da comarca, non cómpre apuntarse, só hai que ter ganas de divertirse, compartindo a tarde con outras familias e participando nas distintas proposta de lecer activo.

Share.

Comments are closed.