Martes, Decembro 3

O Concello investirá máis de 30.000 euros no acondicionamento de camiños no Empedrón

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de abrir o proceso de contratación das obras de acondicionamento de tres camiños no Empedrón. Intervencións que contan cun investimento de 30.393,18 euros a financiar con cargo ao POS+Adicional da Deputación provincial da Coruña. As empresas interesadas en optar ao contrato poden presentar as súas ofertas ata o 19 de agosto e consultar a documentación na plataforma de contratos do sector público.

As obras a executar centraranse no camiño de baixada da AC-115 a Empedrón; o camiño de Empedrón dende o IES Fernando Esquío ata a AC-115, e no camiño do Empedrón dende o instituto ata a ribeira do Xuvia.

O obxectivo é mellorar o firme dos viais e, por tanto, a mobilidade na zona.

Share.

Comments are closed.