O Concello de Neda ofrecerá asesoramento legal e información aos veciños e veciñas que desexen presentar alegacións ao Parque Eólico Caaveiro ou sumarse ás que tramitará a propia Administración local. Será a través dunha serie de reunións a celebrar nas parroquias ao longo da próxima semana. A primeira delas celebrarase o vindeiro luns 19 de xullo no local social da AVV Viladonelle, en horario de 16,30 a 21,30 horas.
A seguinte cita no calendario será no local social da AVV Anca, martes 20 e mércores 21 de xullo, tamén de 16,30 a 21,30 horas e, finalmente, a rolda de convocatorias concluirá na Casa da Cultura de Neda o xoves 22 de xullo de 16,30 a 21,30 horas.
O Concello anima a veciños e veciñas a acudir ás mesmas, e lembra que para facilitar a tramitación das alegacións é preciso acudir co DNI.