Mércores, Decembro 4

O Concello inicia as obras de ampliación da cuberta das gradas do campo de fútbol

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de iniciar as obras de mellora e ampliación da cuberta da zona de gradas do campo de fútbol de San Isidro. Unha intervención que se completará co acondicionamento de parte do peche perimetral das instalacións, e nas que a Administración local investirá preto de 57.000 euros con cargo ao POS+2021.

Groma Obras SL é a empresa encargada dos traballos e comezou xa coa retirada do material de cobertura das gradas, moi deteriorado, a fin de ampliar a cuberta. Utilizará para iso panel sándwich, máis resistente e con mellor protección fronte á choiva.

Ademais, a actuación sobre o peche perimetral contempla a substitución dunha parte por unha nova malla de cordón de nylon, así como a renovación dos postes danados, e a construción dunha cuneta formigonada en v para a recollida de pluviais, conducíndoas ata o exterior do recinto do campo.

Share.

Comments are closed.