Venres, Febreiro 7

O Concello informará este venres ás asociacións sobre a liña de axudas municipal para actividades culturais e deportivas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convocar este venres, 18 de outubro, unha reunión coas entidades sen ánimo de lucro que traballan na localidade (asociacións, entidades veciñais, clubs deportivos…) co fin de informar sobre a liña municipal de subvencións para fomentar a cultura e o deporte na vila ao longo do presente ano.

A cita, que terá lugar na Casa da Cultura, a partir das 13 horas, servirá para dar a coñecer polo miúdo as bases que rexen a concesión destas axudas competitivas. Ademais permitirá resolver posibles dúbidas no que atinxe ás iniciativas subvencionables, e máis sobre a da documentación que debe acompañar á solicitude da axuda e máis a súa xustificación.

O goberno local aumenta neste 2024 ata os 10.000 euros os fondos destinados a actividades culturais (sendo o importe máximo a conceder de 1.500 euros) e destina outros 6.000 a colaborar cos gastos de clubs que desenvolven ao longo de todo este ano propostas no eido deportivo.

Ata o 24 de outubro está aberto o prazo para presentar as solicitudes, acompañadas da pertinente documentación, no rexistro xeral municipal.

 

Bases subvencións para actividades deportivas e culturais _GALEGO

Bases subvenciones actividades deportivas y culturales- CASTELLANO

Extracto da convocatoria a entidades sen fin de lucro para actividades deportivas e culturais

Impreso solicitude subvención para actividades 2024- PDF

Impreso de xustificaciñon da subvención de actividades 2024

 

Share.

Comments are closed.