O Concello habilita unha nova liña de axudas para investimentos en infraestruturas e equipamentos por parte do tecido asociativo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda habilita unha nova liña de axudas dirixidas ás entidades e asociacións culturais e veciñais e clubes deportivos para a realización de investimentos. No seu conxunto, a Administración local destinará 10.000 euros e articúlase como unha medida de apoio ao tecido asociativo en tempos de pandemia, xa que esta motivou a cancelación ou aprazamento dun bo número das súas actividades e proxectos. Trala publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, ábrese o prazo de presentación de solicitudes no rexistro xeral, por espazo de 20 días naturais.

As axudas permitirán ás entidades e clubes sufragar investimentos para afrontar a construción ou mellora de infraestruturas ou dotación de equipamentos, e o período subvencionable será o ano natural (do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2021).

A contía da subvención dependerá do custo das actuacións presentadas ou dos criterios de avaliación, e terá en todo caso un importe máximo non superior a 1.500 euros no caso de subvencións a entidades veciñais e culturais. Así mesmo, a porcentaxe subvencionable polo Concello poderá acadar o 100% do custe

Share.

Comments are closed.