O Concello fai un chamamento á participación na concentración deste luns convocada pola plataforma NEDA DI NON contra o parque eólico Caaveiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda fai un chamamento aos veciños e veciñas, así como a todas as forzas políticas a sumarse á concentración convocada para este luns 18 de outubro ás 12 horas na praza da casa consistorial pola plataforma NEDA DI NON contra o parque eólico Caaveiro. Unha concentración na que o equipo de goberno xa avanza a súa presenza, amosando así o apoio ás reivindicacións contra a instalación do parque no municipio.

Un apoio que se estende a todas as accións levadas a cabo pola plataforma e que contemplan para mañá venres unha charla informativa ás 20,30 h no local da AVV O Castro de Viladonelle e, para o domingo 24 de outubro, un “Roteiro contra os macroeólicos e na defensa do rural Fervenza do Belelle”. Neste caso, partirá da AVV Anca ás 11,30 h; da AVV Viladonelle ás 11,20 h, e da AVV San Pelaio do Roxal ás 11,40 h. Ás 12 h, prevese o reagrupamento de todos os participantes no aparcadoiro sito nas inmediacións do Pazo de Isabel II, e a chegada á Fervenza sobre as 12,30 h, concluíndo a iniciativa coa lectura dun manifesto.

Share.

Comments are closed.