O Concello facilita, a través da súa oficina tributaria virtual, a autoliquidación do ICIO por comunicación previa de obra

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Oficina Virtual Tributaria de Neda facilita dende xa a autoliquidación do imposto de construcións, instalacións e obras, o coñecido como ICIO por comunicación previa de obra. Un trámite que vén de facerse obrigatorio. O servizo online permite xerar as correspondentes cartas de pagamento.

A ferramenta, accesible dende esta web, ponse en marcha despois de que o Concello modificara a ordenanza reguladora deste tributo municipal co fin de xeneralizar esta opción. A medida busca axilizar ao máximo os trámites tributarios á cidadanía, e non require dispor de certificado dixital.

A partir de agora a veciñanza deberá proceder á autoliquidar o imposto, “cuxa carta de pagamento deberá presentarse no momento de dar conta ao Concello das obras a realizar”. Os cambios introducidos na ordenanza permiten ademais practicar unha liquidación complementaria “se no momento de que os servizos municipais realicen unha inspección técnica se comprobase que a base liquidable é superior á declarada pola persoa interesada”.

Share.

Comments are closed.