O Concello entregará no Nadal vales canxeables por xoguetes e roupa deportiva para as familias en risco de exclusión social

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda entregará ás familias en risco de exclusión social vales canxeables por xoguetes e roupa por valor de 100 euros. Será a través do departamento municipal de Servizos Sociais, e a entrega realizarase o 22 de decembro, uns días antes de Nadal e Reis, con marxe para realizar as compras. Coincidirá tamén coa entrega das cestas de alimentos de Nadal ás mesmas familias. Un lote especial, que se suma aos que regularmente entrega o Concello, no que incorpora produtos típicos destas datas como doces e tamén outros para as ceas de Noiteboa ou Nadal.

Os vales, un por cada fillo/a, son nominativos e as familias poden canxealos por xoguetes e tamén roupa deportiva, co ánimo de ampliar as posibilidades para nenos e nenas de maior idade. É unha medida coa que o Concello busca que ningún cativo quede sen agasallo nestas datas tan sinaladas.

Share.

Comments are closed.