O Concello dotarase dun Consello sectorial de Memoria Democrática

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O goberno local anunciaba hoxe a constitución dun Consello sectorial de Memoria Democrática, destinado a consolidar a participación de entidades e expertos nas iniciativas de corte memorialistas. Facíao nun pleno ordinario no que se debateu, a instancias do BNG, a retirada da cruz, situada nos xardíns do Coto. Tal e como se avanzou, este será o primeiro asunto sobre o que deberá pronunciarse ese órgano colexiado.

Segundo se adiantou, o Concello iniciará os trámites para pór en marcha este consello, seguindo o modelo que funciona en localidades veciñas. O grupo terá entre as súas finalidades a elaboración de informes que sustenten a toma de decisións que garantan o cumprimento en Neda Lei de Memoria Democrática, como a retirada dos espazos públicos de símbolos coa ditadura.

Á espera dos ditames dese órgano, no que ademais terán presencia os grupos municipais con representación, o goberno local optaba hoxe por non apoiar a moción nacionalista que reclamaba a inmediata retirada desa cruz.

Insistindo no compromiso de cumprir a lei socialista de memoria democrática, dende o Concello avánzase que o organismo promoverá o dereito á busca de xustiza e de reparación da que son merecedoras as vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista.

Share.

Comments are closed.