O Concello de Neda suma á programación do Entroido a Merenda-Baile para a Terceira Idade e o Cocido Interxeneracional

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda continúa avanzando novas citas para festexar o Entroido na vila, e se o pasado martes se anunciaba a apertura do plazo de solicitudes para tomar parte no Festival de Comparsas previsto para o 17 de febreiro, esta mañá dábase conta da Merenda-Baile de Entroido que celebrará para a Terceira Idade o venres 24 de febreiro e do Cocido de Entroido Interxeneracional que organizará o domingo 26 de febreiro. Nos dous casos, con aforo limitado, e inscrición previa. O plazo para facelo abrirase o vindeiro luns 6 de febreiro no departamento municipal de Servizos Sociais. Ata o día 22 ou completar plazas.

A Merenda-Baile para a Terceira Idade terá lugar no centro cívico a partir das 18 horas, con música e unha variada oferta culinaria que inclúe lacón asado, empanada, pan, orellas, doces, torradas e bebidas. É gratuíta para os veciños e veciñas de Neda, e terá un prezo de 5 euros para aqueles e aquelas que non residan na localidade.

Pola súa banda, o Cocido de Entroido Interxeneracional levarase a cabo no pavillón municipal o domingo 26 xa a partir das 14:00 horas. O menú inclúe sopa, cocido, sobremesas típicas destas datas, bebida e café. Ao remate do xantar, haberá tamén actuación musical en directo. Nesta ocasión, o prezo para os menores ata 14 anos será de 8 euros, e de 20 euros de 14 anos en adiante.

Así mesmo, nos dous casos, haberá sorteo de cestas entre as persoas participantes.

Share.

Comments are closed.