O Concello de Neda secunda a nova mobilización convocada pola Plataforma por un Transporte Digno para Ferrol e Comarca

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda adhírese á protesta convocada pola Plataforma por un Transporte Digno para Ferrol e Comarca para este sábado 24 de setembro. Unha acción reivindicativa que se materializará no percorrido dunha caravana de coches que partirá ás 11:00 horas de Punta Arnela, en Ferrol, rumbo á AP-9, ata alcanzar Cambre, e iniciar aquí o regreso. Deste xeito, o Concello quere facer un chamamento á cidadanía para secundar a protesta e evidenciar así o colapso que suporía o uso do vehículo particular en detrimento do transporte público. Pero tamén esixir un servizo de transporte público digno que poña fin ós problemas actuais como a falla de prazas e ausencia de reforzos, ou os desaxustes nas frecuencias e horarios respecto ás necesidades de estudantes e traballadores especialmente.

Ademais, e a instancias da plataforma, o Concello sumarase á petición das reunións precisas coa Xunta e o Ministerio de Transportes para buscar, consensuadamente, medidas que melloren a conectividade dos veciños e veciñas da zona.

Share.

Comments are closed.