O Concello de Neda saca a contratación o aglomerado de cinco camiños en Santa María cun investimento cercano aos 80.000 euros

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de sacar a contratación as obras de aglomerado de cinco viais en Santa María cun investimento de 79.383,06 euros, que financiará con fondos propios do orzamento municipal. As empresas interesadas en optar ao contrato poderán presentar a súa oferta ata o 15 de decembro, así como consultar a documentación na plataforma de contratación do sector público.

A licitación chega despois de que o Concello recibise todas as autorizacións pertinentes xestionadas ante as administracións con competencia sobre as zonas de intervención -Axencia Galega de Infraestruturas, Augas de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio, Demarcación de Costas, Deputación da Coruña e Ministerio de Transportes-.

As obras levaranse a cabo no camiño no Regueiro, na Toeleira, no Coto-Principiño, en Médico Cebreiro e na Ribeira de Santa María. Hoxe, pavimentados por medio de regos asfálticos en un deficiente estado polo paso do tempo. Así, co aglomerado darase unha solución máis duradeira, rebaixando custes de mantemento.

Share.

Comments are closed.