O Concello de Neda saca a contratación novas obras de aglomerado de camiños en Anca e Viladonelle

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Unha vez recibida a autorización sectorial da Axencia Galega de Infraestruturas dada a proximidade dun dos viais a unha estrada autonómica, o Concello de Neda vén de sacar a contratación novas actuacións de mellora de camiños municipais nas parroquias de Anca e Viladonelle. Uns traballos que se realizarán con fondos propios, e que suporán un investimento de 67.857,81 euros. O Concello informa de que permitirán erradicar o estado de deterioro do camiño do Vilar-Sandes, do camiño en Vila de Anca e do camiño de Porta da Pena -este último en Viladonelle-, actualmente pavimentados por medio de regos asfálticos.

Así, os traballos agora en licitación contemplan a limpeza de cunetas, rebacheo das zonas máis deterioradas polo intenso tráfico que soportan, e aglomerado dos viais. O prazo de execución estimado é de dous meses.

Deste xeito, as empresas interesadas poden presentar a súa oferta, ata o 28 de setembro, e consultar os pregos e condicións na plataforma de contratación do sector público.

Share.

Comments are closed.