O Concello de Neda vén de sacar a licitación novas obras de acondicionamento de camiños e pistas. En concreto, os traballos de aglomerado de viais no Murallón: o camiño de baixada da Silva a Médico Cebreiro (camiño do Murallón), camiño de baixada da Silva a Médico Cebreiro (que converxe co anterior), e o treito de entronque entre estes dous viais, en A Silva. A intervención, cun prazo estimado de execución de dous meses, contempla o aglomerado das vías e o pintado lateral dos mesmos.
Cun orzamento de 38.739,52 euros, o Concello incluíu estas actuacións no programa provincial POS+2022-Achega Provincial 2021, e o prazo para que as empresas presenten as súas ofertas estará aberto ata o 7 de outubro. Toda a documentación relativa ó proxecto pode consultarse na plataforma de contratación do sector público.