O Concello de Neda retoma os obradoiros de memoria e mentes activas para persoas maiores

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda retoma esta semana os obradoiros de memoria e mentes activas para veciños e veciñas maiores de 65 anos sen deterioro cognitivo. Dúas actividades coas que exercitar a mente a través de exercicios de estimulación cognitiva cos que mellorar a memoria e facelo nun espazo compartido, favorecendo a interrelación social.

No caso dos talleres de memoria, celebraranse todos os luns na casa da cultura, con dous grupos -o primeiro de 9:30 a 11:00 h, e o segundo de 11:00 a 12:30 h- namentras que o obradoiro mentes activas desenvolverase os mércores no local social do Puntal en horario de 16:00 a 17:30 h. As inscricións, abertas, poden realizarse no centro cívico de luns a venres de 9:15 a 12:15 h.

Share.

Comments are closed.