O Concello de Neda remata co pintado as obras do camiño Rabadeña-Fábrica do Monte

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Cos últimos traballos de pintado do vial, o Concello de Neda daba por rematadas as obras de acondicionamento do camiño Rabadeña-Fábrica do Monte. Na intervención a Administración local investiu 43.328,76 euros, que financiou con cargo ao POS+2021, e a empresa Lancer Proyectos y Obras foi a encargada de executar o aglomerado do vial, tras a adxudicación do contrato en concurso aberto.

Coa actuación, o Concello buscaba mellorar o estado do camiño, moi deteriorado polo paso do tempo e o intenso tráfico que soporta, así como polos efectos do tránsito continuo de vehículos adicados ao transporte de madeira.

Share.

Comments are closed.