Domingo, Maio 29

O Concello de Neda recupera a celebración do Xantar Interxeracional no municipio

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda recupera a celebración do Xantar Interxeracional. Un espazo de encontro entre veciños e veciñas de todas as idades no que compartir experiencias e desfrutar da compañía mutua ao redor da mesa. A cita terá lugar o día 29, último domingo de mes, na pista polideportiva do Roxal, e o Concello abre hoxe as inscricións para tomar parte na mesma. Deben formalizarse no departamento municipal de Servizos Sociais, na casa consistorial, e dado que as prazas son limitadas, concederanse por orde de inscrición e con preferencia para as persoas empadroadas en Neda.

O menú do xantar inclúe langostinos de primeiro, codillo ao forno de segundo, bebidas, tarta de San Marcos de sobremesa e café e prolla. O custe é de 5 euros para nenos e nenas e de 20 euros para as persoas adultas. No caso de participantes de fóra do municipio, esas cotas suben a 15 e 30 euros respectivamente. Así mesmo, a xornada de convivencia prolongarase máis aló do xantar e, durante a tarde, haberá música e baile coa actuación de Jorge Latino.

O prazo para anotarse conclúe o martes 24 de maio.

 

Share.

Comments are closed.