O Concello de Neda reafirma o seu compromiso pola igualdade real no 8M

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda adhírese neste 2026 á declaración da FEMP con motivo do Día Internacional da Muller. Un texto que supón un posicionamento claro a favor das políticas de igualdade e unha rotunda condena da violencia machista, insistindo na necesidade de traballar na prevención e sensibilización e na loita contra o negacionismo da desigualdade e da violencia de xénero.

O Concello fai seu ademais o compromiso do municipalismo galego de seguir dando visibilidade ás mulleres como xestoras do público, “exercendo o poder e eliminando barreiras que aínda dificultan a seu acceso a postos de responsabilidade”.

Share.

Comments are closed.