O Concello de Neda promove obradoiros de prevención de adiccións ás TIC´s nos centros educativos do municipio

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda promove a prevención de adiccións ás TIC´s entre nenos e nenas a través dunha serie de obradoiros nas aulas. As sesións arrancaban a finais do mes de outubro no CEIP de Maciñeira, cos estudantes de 5º e 6º curso de Educación Primaria como destinatarios, e a finais deste mes e parte de decembro, desenvolveranse no CEIP San Isidro.

A iniciativa forma do programa Saúde na escola, que promoven conxuntamente os concellos de Fene, Mugardos e Neda, co apoio da Consellería de Sanidade.

Entre outros contidos, nos talleres trabállase o coñecemento sobre os hábitos de saúde da poboación participante -autocoñecemento e autoestima-; abórdanse os hábitos sobre videoxogos e redes sociais -xogo online, apostas e perigos de Internet e protección online-, ou habilidades sociais -presión de grupo, empatía, comunicación, autocontrol, resolución de conflitos…-.

Share.

Comments are closed.