O Concello de Neda prevé unha bonificación do 90% no imposto de plusvalía no caso da transmisión da vivenda habitual a herdeiros

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os veciños e veciñas que herden un inmoble en Neda e este sexa vivenda habitual da persoa propietaria poderán acceder a unha bonificación do 90% na cuota do Imposto sobre o Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana (coñecido popularmente como plusvalía). Será así de prosperar en pleno a nova ordenanza reguladora elaborada polo Concello e hoxe en fase de consulta pública previa (ata o 19 de marzo na web municipal). Unha ordenanza coa que o Concello dá cumprimento ó imperativo legal establecido no RD Lei 26/2021 de 8 de Novembro, que establece un prazo máximo de 6 meses para que as administracións locais adapten as súas ordenanzas á última sentenza do Tribunal Constitucional do 26 de outubro de 2021 -que anulaba a base de cálculo da plusvalía- e ó propio RD Lei.

A grandes rasgos, a nova ordenanza -que substituiría á actual, aprobada en 1998- adopta os coeficientes fixados polos RD Lei e mantén o tipo de gravame no 25%, tal e como está agora. A gran novidade reside na incorporación desta bonificación do 90% na transmisión de vivienda habitual no caso de pais/nais, fillos/as, irmáns/ás… entendéndose como vivienda habitual aquela na que a persoa que lega leva empadroada un mínimo de 2 anos dende a adquisición.

Así mesmo, no documento establécese, como marca a normativa estatal, que a transmisión non está suxeita ó imposto naqueles casos nos que non se teña producido un incremento do valor dende a adquisición ata a venda.

Share.

Comments are closed.