Martes, Decembro 3

O Concello de Neda pon en marcha un ciclo de Cine nocturno de verán ao aire libre

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neste verán, o Concello de Neda pon en marcha o ciclo de cine nocturno “Cinema visións”. A carteleira inclúe 4 sesións nos meses de xullo e agosto, con cintas tanto para o público infantil como adulto,  e as sesións, con aforo limitado polos protocolos de prevención fronte á covid-19, serán completamente gratuítas para as persoas participantes. Iso si, precisarase reserva previa chamando ao 981 39 02 33 en horario de 10 a 14 horas dende o luns precedente a cada proxección.

O ciclo arranca o xoves 8 de xullo no paseo marítimo de Xubia coa película “Maléfica: maestra del mal”. A partir das 22,30 horas, as inmediacións do Albergue Municipal de Peregrinos convertirase nunha sala de cine ao aire libre para o pase deste exitoso filme dirixido a todos os públicos. Neste caso, as persoas interesadas en asistir poden facer a reserva dende o luns 5 de xullo.

O Concello buscou descentralizar a actividade, que conta co apoio da Deputación a través da Rede Cultural. Deste xeito, as seguintes sesións celebraranse na Cruz do Pouso -chaira da nave de José Bouza- o 21 de xullo ás 22,30 horas co pase de “Ons”; na pista polideportiva do Roxal o 5 de agosto ás 22 horas co filme de animación “Espías con disfraz”, e na rúa Real o 19 de agosto ás 22 horas con “A illa das mentiras”.

 

Share.

Comments are closed.