Sábado, Decembro 3

O Concello de Neda pon en marcha o ciclo cultural “Teatro en familia”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda pon en marcha o ciclo cultural “Teatro en familia”, con propostas para nenos e maiores durante as fins de semana do mes de outubro. A primeira, este mesmo domingo na casa da cultura a partir das 18:30 horas coa obra teatral “A Viaxe de Mina”, a cargo de Maio Creacións Artísticas. Incluída no programa Ler Conta Moito, a entrada é de balde, con retirada de convites na Biblioteca (en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 h, e no caso de quedar prazas libres, dende dúas horas antes do inicio da sesión). 

A partir de entón, o calendario incluirá os “Contacontos sensoriais para bebés”, con Eduvia, o sábado 8 de outubro ás 12:00 horas (tamén con entrada de balde pero retirada de convites a partir do luns 5 de outubro); a peza teatral “O Quixote” da compañía Pedras de Cartón o domingo 16 ás 18:30 horas, e a obra “A Cazola de Lola” con Tanxarina Títeres o domingo 23 ás 18:30 horas. Nestes últimos dous casos, con entradas ó prezo de 1 euro para o público infantil e de 2 euros para o adulto. 

O ciclo, organizado polo Concello, conta co apoio da Xunta e da Deputación, así como do programa Ler Conta Moito.

Share.

Comments are closed.