Martes, Xullo 5

O Concello de Neda organiza unha Cea Baile de Verán na pista polideportiva do Roxal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convida a veciños e veciñas a desfrutar dunha Cea Baile de Verán na pista polideportiva do Roxal. Celebrarase o vindeiro sábado 9 de xullo, a partir das 20:30 horas, e este luns 20 de xuño abrirase o prazo para apuntarse na actividade no departamento municipal de Servizos Sociais -na casa consistorial-.

O Concello propón un completo menú a base de entremeses -empanada, xamón ao viño e un cóctel de benvida-, e como plato principal, churrasco -carne, liscos, chourizos e patacas-. Bebidas e sobremesa complementan a cea. Ao remate, baile con pezas para todos os gustos e idades. Ademais, anímase á veciñanza a acudir cunha prenda de roupa branca, a cor do verán tendencia nos últimos anos.

As prazas son limitadas, e a cuota de participación é de 17 euros para veciños/as de Neda e de 8,5 euros para aqueles/as de ata 14 anos, e de 25 euros para veciños/as doutras localidades e 12,50 euros destas e de ata 14 anos.

Share.

Comments are closed.