O Concello de Neda organiza un curso de seguridade informática no fogar

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda impartirá un curso de seguridade informática no fogar aberto a todos os veciños e veciñas do municipio. As sesións desenvolveranse todos os luns e mércores do mes de novembro na casa da cultura, en horario de 16:00 a 18:00 horas, e o prazo para apuntarse ábrese hoxe, ata o 24 de outubro, na casa da cultura -de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 h-.

Entre os contidos a abordar, as persoas participantes aprenderán a detectar ataques de phishing, eliminar os contrasinais que usaron no ordeador, configurar o teléfono para facelo máis seguro, identificar a presenza dun malware no ordeador ou móbil, coñecer se o correo e contrasinais son vulnerables ou detectar se alguén está conectado á rede wifi do teu fogar sen autorización.

A acción formativa é completamente gratuíta para as persoas participantes.

 

Share.

Comments are closed.