O Concello de Neda organiza o vindeiro mércores 19 de xaneiro a charla “En marcha por un futuro saudable”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A psicóloga da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ferrol, Rosalía Fernández, ofrecerá o vindeiro mércores en Neda unha charla baixo o título “En marcha por un futuro saudable”. Organizada polo Concello, coa colaboración da asociación, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura a partir das 19 horas. A entrada é libre, ata completar aforo, e está dirixida á poboación en xeral.

A especialista abordará na súa intervención aquelas accións de prevención e dinámicas para fomentar hábitos de vida saudables, centrados especialmente no ámbito da alimentación e da actividade física. Lembra que, grazas á prevención, estímase que se poderían reducir en case que a metade os casos de cancro. Así mesmo, buscará fomentar a participación do público asistente, de modo que este plantee as súas consultas ou dúbidas.

A AECC lembra que tamén pon a disposición da veciñanza o teléfono gratuíto de información e atención 900 100 036, disponible as 24 h os 7 días da semana.

Share.

Comments are closed.