Domingo, Novembro 3

O Concello de Neda organiza “Contos no Mirador. Ruta nocturna ao Monte de Ancos”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda organiza “Contos no Mirador. Ruta nocturna ao Monte de Ancos”. Unha ruta guiada que concluirá cunha narración oral a cargo de Vero Rilo sobre a Lenda de Laureana, vencellada ao propio monte de Ancos, e outros contos. Narración que se aderezará co reparto de chocolate e bola co ánimo de que os asistentes recobren forzas. Celebrarase o venres 6 de agosto a partir das 22,30 horas, con punto de arranque no Albergue de Peregrinos de Neda. As persoas interesadas en tomar parte deben reservar a súa praza, entre o 29 de xullo e o 5 de agosto (ou ata cubrir aforo), chamando ao 981 39 02 33 de 9 a 14 horas.

A ruta está pensada para nenos e maiores, aínda que os primeiros deben ir acompañados dunha persoa adulta, e é obrigatorio levar máscara e unha linterna. O grupo está limitado a 20 persoas máis o guía, aínda que de contar con demanda suficiente poderíase facer un segundo grupo que mantería co primeiro a distancia de seguridade en todo momento.

Unha iniciativa cultural para descubrir un dos espazos naturais máis fermosos do municipio e, ao mesmo tempo, fomentar hábitos saudables.

 

Share.

Comments are closed.