Mércores, Decembro 4

O Concello de Neda organiza bautismos de paddle surf na praia do Puntal para nenos e nenas a partir de 10 anos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convida a nenos e nenas a iniciarse na práctica do paddle surf a través de bautismos na praia do Puntal. Celebraranse os días 10 e 11 de agosto, con participación completamente gratuíta previa reserva de praza. As sesións estarán guiadas pola escola Asolas no Puntal, con máis de 20 anos de experiencia na comarca, e diríxense a nenos e nenas de 10 anos en adiante. A praia do Puntal albergará as sesións, en horario de 18 a 20 horas en ambas xornadas.

A actividade inclúese na programación deportiva municipal neste verán e as prazas son limitadas. A reserva debe facerse nos teléfonos 981 39 02 33 (en horario de 10 a 14 h) ou 667 393 192 (de 16 a 20 horas), ata completar prazas.

Share.

Comments are closed.