Mércores, Abril 24

O Concello de Neda organiza a V Carreira Escolar

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda recupera a celebración da súa Carreira Escolar. Alcanzará neste 2022 a súa quinta edición, e a data elixida será o 18 de xuño. A saída e chegada situarase nas inmediacións da pista polideportiva dos Subarreiros, e a xornada arrancará xa ás 10 horas coa retirada de dorsais. Sobre as 11 h, prevese o inicio das carreiras nas diferentes categorías.

Así, e tras cursar as correspondentes invitacións aos centros educativos do municipio, o Concello anunciaba hoxe a apertura do prazo de inscrición para os nenos e nenas dos coles doutras localidades interesados/as en participar. Poderán inscribirse ata o 10 de xuño ás 12 h. Deberán, en todo caso, enviar un correo electrónico a escolasneda@gmail.com con nome e apelidos, data de nacemento, DNI de telo e colexio.

As categorías son as seguintes: biberóns, cunha distancia a cubrir de 50 metros; prebenxamíns, de 300 metros; benxamíns, de 600 metros, e alevíns, de 900 metros.

Share.

Comments are closed.