O Concello de Neda licita os traballos de pavimentación da pista de Pename a Pontegrande

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de sacar a licitación as obras que incluirá no denominado Plan de mellora de camiños rurais 2024-2025. O goberno local ten previsto levar a cabo a mellora da pista de Pename a Pontegrande. Un camiño transitado tanto pola veciñanza como por visitantes que se achegan ás instalacións da granxa escola existente.

A actuación consistirá na posta a punto do firme dunha vía que, na actualidade, presenta un estado de conservación deficiente, por mor do paso do tempo e tamén do tráfico que soporta (turismos e maquinaria agrícola).

Para iso, o Concello propón unha intervención que, ademais da limpeza de cunetas e accións de rebacheo nos puntos máis estragados, incluirá o aglomerado en quente desta vía, e a posterior sinalización horizontal e vertical. A intervención afectará a un tramo de algo más de 700 metros de pista.

O orzamento da intervención é de 49.236 euros (IVA incluído). O Concello conta para levar a cabo esta obra cunha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que cofinancia o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. As As empresas interesadas en facerse co contrato teñen ata o 12 de xuño para presentar as súas ofertas.

Share.

Comments are closed.