Martes, Decembro 3

O Concello de Neda investirá 175.310,56 euros ao ano no contrato de xestión da Escola Infantil

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda investirá 175.310,56 euros anuais no contrato de xestión da Escola Infantil Os Pelegríns. Unhas instalacións claves para favorecer a conciliación das familias con fillos e fillas dende os 3 meses ata os 3 anos, e fundamental, subliña o equipo de goberno, para captar e fixar poboación nova no municipio. Con capacidade para 41 nenos e nenas, na escola teñen preferencia de acceso as familias empadroadas en Neda, e en apenas uns anos tense consolidado como un recurso imprescindible, baseado nun proxecto educativo integrador.

O Concello sacaba a contratación, por concurso aberto, a xestión da escola, presentándose 6 empresas. Tras un longo proceso administrativo, a Xunta de Goberno, por delegación do pleno, daba luz verde este mes á adxudicación. Así, a firma encargada do servizo será Koala Soluciones Educativas S.A. por importe de 175.310,56 euros ao ano (cunha duración de contrato de 3, prorrogable por outros 2).

O contrato contempla a xestión integral da Escola Infantil Municipal, na que ademáis da súa función formativa, social e asistencial, inclúense os servizos de mantemento, comedor para un máximo de 30 usuarios/as e cocina propia, suministros e todas as tarefas administrativas precisas (non se inclúe o servizo de limpeza, que asumirá o Concello).

O seu proxecto educativo baséase nunha visión educativa global, plural e integradora de convivencia na diversidade, que garante unha educación que permite a nenos e nenas medrar como persoas nun ambiente de afectividade que é motor de desenvolvemento e maduración nas aprendizaxes.

Share.

Comments are closed.