O Concello de Neda vén de instalar un novo circuito de habilidade no parque dos Subarreiros, co que continuar fomentando a práctica de exercicio físico ó aire libre nunha contorna privilexiada. A infraestrutura está realizada en madeira tratada, para facilitar a súa integración no entorno.
O circuito consta de varios elementos como vigas de equilibrio, trepadores ou unha estructura con cordas de equilibrio. Un espazo no que divertirse e realizar exercicio físico ó mesmo tempo.