O Concello de Neda procedeu á contratación laboral temporal de 5 persoas perceptoras do Risga -Renta de Integración Social de Galicia- no marco da liña de axudas da Xunta de Galicia.
Incorporáronse a pasada semana, integrando unha cuadrilla para a realización de tarefas de limpeza viaria, reforzando así as labores nas rúas e espazos públicos do municipio. A duración do contrato, ao 75% da xornada, é de 9 meses, e a selección dos aspirantes correu por conta dos Servizos Públicos de Emprego