Mércores, Decembro 4

O Concello de Neda denuncia o roubo de máis de 8.000 metros de cable en distintos puntos do municipio

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda informaba esta mañá do roubo de máis de 8.000 metros lineais de cable do tendido eléctrico en diferentes puntos do municipio, sendo as zonas máis afectadas o paseo marítimo e a zona do Empedrón. A maiores, os roubos tamén se perpetraron na Mourela Alta, na Muchiqueira. Tras recibir aviso, o Concello poñía os feitos en coñecemento da Garda Civil e elaboraba un informe de avaliación de danos para executar canto antes as obras de reposición, permitindo recuperar o subministro no alumeado público.

En base a eses estudos, o Concello avanza que terá que desembolsar unha partida cercana aos 20.000 euros con cargo aos fondos municipais.

Share.

Comments are closed.