O Concello de Neda convoca unha praza de traballador/a social como funcionario/a interino

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de convocar o proceso selectivo para a cobertura dunha praza de traballador/a social como funcionario/a interino/a. Financiarase con cargo á subvención concedida pola Consellería de Política Social para o apoio aos servizos sociais comunitarios municipais. Coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de hoxe ábrese o prazo de presentación de instancias para optar á praza por espazo de 10 días hábiles contados a partir de mañá mércores.

O contrato será a tempo parcial, media xornada, e as funcións e tarefas a desempeñar serán, entre outras, as seguintes:

–Detección, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio.

– Planificación e programación dos recursos e servizos necesarios para atender os problemas e necesidades detectados.

– Axuda a integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social e evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social.

– Información, asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflito a nivel individual e colectivo.

– Xestión e tramitación administrativa de recursos e prestacións.

Bases e instancia, no BOP: https://cutt.ly/9LvJqMg

Share.

Comments are closed.