O Concello de Neda convida aos máis pequenos e pequenas da casa a manifestar artísticamente a súa visión sobre a celebración da Festa do Pan a través dun certame en redes sociais. Así, aqueles que desexen participar poderán enviar a partir de hoxe 1 de setembro as fotografías cos seus debuxos e manualidades ou disfraces sobre o pan local ao teléfono 650 484 521 ou correo cultura@neda.gal. É preciso sinalar nome e apelidos, idade, enderezo e DNI do/a menor ou persoa adulta. Xunto ás imaxes, deben achegar vía email ou whatsapp o documento asinado de protección de datos e publicación de imaxes e autorización asinada da participación de menores (dispoñible na web municipal ou na Casa da Cultura). O prazo remata o luns 6 de setembro. A partir de entón, o Concello difundiráas nas redes sociais municipais.
Hai 4 categorías: ata 3 anos; de 4 a 6; de 7 a 9 anos e de 10 a 12 anos. E todos os nenos e nenas participantes recibirán como premio un pequeno agasallo. Ademais, entre eles, o martes 7 de setembro sortearanse 5 lotes de contos.
Consulta as BASES CREACIÓNS FESTA DO PAN
Descarga os IMPRESOS AUTORIZACIÓNS