O Concello de Neda convida á veciñanza a sumarse á Marcha polo Bo Trato no Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda conmemorará o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, coa Marcha polo Bo Trato. Con saída ás 10:30 horas do Albergue Municipal de Peregrinos, terá como destino a praza do Concello. Alí, o alumnado dos coles San Isidro e Maciñeira, así como do IES Fernando Esquío, procederá á lectura do manifesto institucional. Trátase dun percorrido de dificultade baixa, dunha duración estimada de media hora, co ánimo de facilitar a asistencia de todo o mundo que desexe sumarse á iniciativa. Iso si, no caso de choiva, a lectura prevista no exterior da consistorial trasladaríase ao centro cívico Ramón Millarengo.

E pechando o programa, o venres 2 de decembro, o Concello de Neda, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, organizará no IES Fernando Esquío unha charla informativa baixo o título “Agresións sexuais e violencia sexual” dirixida ao alumnado de 4º curso da ESO.

Share.

Comments are closed.