Mércores, Febreiro 11

O Concello de Neda contará co respaldo da Deputación para soster ao persoal técnico de Cultura

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda volverá contar durante este 2022 co apoio económico da Deputación para o mantemento do persoal adscrito ao departamento municipal de Cultura. O Concello recibirá unha axuda provincial para dar continuidade ao labor de dinamización que desenvolve a técnica de animación sociocultural.

O Boletín Provincial da Coruña publica hoxe a concesión definitiva de subvencións ás entidades locais para reforzar ou manter os postos de traballo vencellados á súa acción cultural. E Neda será un dos 37 concellos que destine estas axudas a financiar as retribucións correspondentes á praza de animación sociocultural existente.

O Concello, segundo figura na resolución, recibirá un total de 10.000 euros, para colaborar no mantemento deste posto entre cuxa funcións figuran a planificación da oferta cultural municipal, a posta en marcha de proxectos de lecer sociocultural, o traballo directo coas persoas usuarias da Casa da Cultura, ou o contacto co tecido asociativo nedense.

Share.

Comments are closed.