O Concello de Neda conmemorará o 8 de Marzo, Día da Muller, con actividades culturais e educativas durante todo o mes. A primeira delas, este mesmo venres ás 20,30 horas no salón de actos da Casa da Cultura. Alí, a compañía Olivas Negras representará a súa obra “12 Uvas, 2 Mulleres e 1 Oliva”, dirixida a un público adulto. As entradas, ó prezo de 2 euros, pódense reservar no teléfono 981 39 02 33. A obra, dirixida por Mirian Bañobre e interpretada por Cecilia Vázquez e Sonsoles Cordón, ofreceranos unha historia de autosuperación e empoderamento femenino. Un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica-subversiva, no que teremos a ocasión de observarnos e viaxar con elas na búsqueda duns sonos tan anhelados como a última oliva que queda no plato.
A programación continuará o luns 7 de marzo no IES Fernando Esquío. Alí, o alumnado de 3º curso da ESO participará no taller “Violencia de xénero no novo contexto dixital”, promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Fegamp co apoio do Concello. Así mesmo, o venres 11 ás 20,30 h na Casa da Cultura, a veciñanza poderá asistir á representación teatral de “Bravas” de Isabel Risco (co respaldo da Deputación).
O venres 18, neste caso na Casa das Palmeiras, a escritora Stephani Olwen presentará a partir das 19 horas o seu libro “El Acertijo de Anat”, e pechando a programación, o domingo 27, ás 19 h, teatro non profesional na Casa da Cultura co grupo Donas e a súa obra “Don Pero el Emparedado”.