O Concello de Neda conclúe as obras de aglomerado do camiño dos Foxos ata Corredoira, vial de acceso ó cemiterio de Anca

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de concluir os traballos de acondicionamento do camiño dos Foxos ata o lugar de Corredoira, vial de acceso ao cemiterio de Anca. Nos traballos, investíronse 42.030 euros con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de Agader -PEIM-, na anualidade 2022-23.

A intervención, que se levou a cabo ao longo de 1.002 metros, contemplou a limpeza de cunetas, o rebacheo dos puntos máis deteriorados, o aglomerado do tramo e a sinalización horizontal.

Share.

Comments are closed.