O Concello de Neda vén de concluír os traballos de aglomerado do camiño Alcallás-Cruz do Pouso. Na intervención a Administración local investiu 51.317 euros, financiados con cargo aos plans provinciais de obras da Deputación. Os traballos de pavimentación realizáronse no treito da Mourela do Medio, dende o cruce de baixada de Mosteirón ata o cruce en Cruz do Pouso co vial autonómico AC-862. En total, algo máis de 1,1 quilómetros de camiño.
As obras inclúense no plan municipal de acondicionamento de pistas e camiños que executa o Concello de Neda co obxectivo de alcanzar o 100
% da rede viaria municipal. Traballos de aglomerado e sinalización horizontal e vertical cos que mellorar o estado dos firmes e, por tanto, a mobilidade e seguridade vial.