Martes, Decembro 3

O Concello de Neda conclúe as obras de aglomerado de camiños na zona de Santa María

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda concluía estes días os traballos de acondicionamento de cinco viais na zona de Santa María. Uns traballos nos que investía máis de 86.000 euros procedentes do orzamento municipal. En concreto, as obras contemplaron a limpeza de cunetas, o rebacheo das zonas máis deterioradas, o aglomerado e o pintado do firme.

Con elas, buscouse o acondicionamento de camiños deteriorados polo paso do tempo e o uso, mellorando así a seguridade vial. Canarga, adxudicataria do contrato tralo concurso aberto pola Administración local, foi a encargada de levar a cabo as intervencións na rúa Toeleira, na vía que une Coto e Principiño, na pista de Ribeira de Santa María, no camiño do Regueiro e nun camiño lateral en Médico Cebreiro. Neste último vial, queda pendente unha intervención coa que corrixir o aglomerado nun tramo dun dos laterais.

Share.

Comments are closed.