O Concello de Neda conclúe as obras de acondicionamento de camiños en Vilar-Lobeira

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda finalizaba os traballos de acondicionamento de camiños en Vilar-Lobeira, na parroquia de Anca, tras un investimento de 58.250 euros que cofinanciaron Agader, a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024, con fondos procedentes do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural do Programa Estratéxico da PAC 2023-2027, e a Administración local. A intervención permitiu mellorar a seguridade viaria nun tramo da rede municipal de pistas, pavimentado ata a data por medio de regos asfálticos, que se atopaba en malas condicións.

As obras contemplaron a limpeza e roza das marxes da vía, as tarefas de rebacheo dos puntos que se atopaban máis deteriorados, o aglomerado en quente de 500 metros de camiño obxecto da intervención, a instalación de canaletas transversais para a recollida de augas de pluviais e a correspondente sinalización horizontal e vertical.

A firma Hordescon SL. Foi a encargada de acometer esta intervención.

Share.

Comments are closed.